O campus de Ourense acolle a conferencia Ecofeminismo e educación ecolóxica, ofrecida por Alicia Puleo, profesora de Filosofía da Universidade de Valladolid que investiga sobre a relación entre feminismo e ética ecolóxica, así como sobre a construción de Europa, desde a perspectiva de xénero e a tradición ilustrada. A conferencia enmárcase na segunda edición do ciclo de conferencias Unha mirada de xénero, unha actividade patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e organizada polas profesoras María Álvarez Lires e Purificación Mayobre.