Conferencia
As relacións de Galicia con Portugal e con todos aqueles territorios de lingua oficial portuguesa, a lusofonía,
representa unha área xeográfica prioritaria para a internacionalización de Galicia, dentro do marco autonómico desde a aprobación do Libro Branco de Acción Exterior do ano 2004, durante a presidencia de Manuel Fraga Iribarne.
Dez anos despois, a aprobación no 2014 da Lei Paz Andrade no Parlamento de Galicia tras a iniciativa popular que arrincou en 2012 e que lle deu nome, abriu de forma institucional e concreta as posibilidades de impulsar e promover a relación de Galicia co espazo lusófono,