Técnicas de mellora de recoñecemento de caras en 2D


Videoconferencia plenaria dentro do
Simposio de Tratamento de Sinais, Imaxes e Visión artificial
organizado pola Pontificia Universidad Javeriana de Bogotá(Colombia)

 
  Resumo: A identificación automática dunha persoa a través dos seus rasgos faciais é un
  campo de investigación moi activo. Nos últimos 15 anos producíronse avances importantes
  mediante técnicas aparentemente moi diferentes. Esta charla presenta as técnicas que
  marcaron as liñas de traballo de moitos grupos de investigación e describe algunhas das
  desenvolvidas no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.